AUDIOVISUAL

O Festival Vía XIV debate sobre os desprazamentos provocados polas guerras

fic_lunes_result
photo_camera Carlos Moura, Héctor Domínguez, Gonzalo Recio e Andrés Díaz, durante a súa comparecencia.

Auditorio e Casa da Cultura proxectaron as primeiras curtas a concurso 

Na tarde de onte, lunes comezabanm as proxeccións das 54 curtas que se presentan ao concurso para optar a algún dos nove premios que se outorgarán nesta segunda edición do Festival FIC Vía XIV. Previamente, pola mañá, Héctor Domínguez, Gonzalo Recio, Carlos Moura e Andrés Díaz, directores e produtor da documental "Terra de Leite e Mel", avanzaron pola mañá os contidos da clase maxistral que impartiron ás 17,00 horas no Auditorio de Verín, unha cita que tamén contou coa presencia do xornalista Rafa Cid, que foi o encargado de moderar o debate posterior ó visionado de distintos fragmentos del documental.

 "Tierra de Leche y Miel" trata o tema dos desprazamentos humanos provocados pola guerra. Medita sobre o significado do concepto de Terra Prometida para os diferentes tipos de refuxiados e desprazados internos.

Para a súa rodaxe, o equipo realizou  viaxou a Armenia en 2016 e en 2017 rodaron un mes en Xeorxia, un mes en Grecia e outro en Bosnia, segundo desvelou Héctor Domínguez, un dos directores. Xa pola tarde detallaron como foi a súa experiencia, o proceso creativo, como xurdiu a idea de facer a película, por que realizaron este percorrido e cales foron as decisións creativas ás que se tiveron que  enfrontar.

Curtas a concurso

Pola tarde comezaron as proxeccións dos curtos que se presentan ao concurso. Concretamente exhibiranse 11 dentro da categoría Nova, e 10 na de Horizontes, entre as proxeccións que se realizarán no Auditorio e a Casa dá Cultura.

Nova estréase neste festival para acoller diferentes pezas que non tiñan cabida nas categorías temáticas establecidas. Recompila filmes contemporáneos, cinema de autor e obras que non se rexen por formatos industriais comerciais.Onte houbo dúas sesións, nas que se poderán visionar un total de 11 curtos. 

A categoría Migración/Fronteira-Horizontes incide na idea do horizonte como liña imaxinaria e invisible, afastada e inalcanzable, de gran violencia emocional e simbólica como metáfora da Migración. Doutra banda, o horizonte como liña que separa o aquí do alá, como unha sorte de Fronteira entre onde estamos e calquera outro lugar. A Casa da Cultura e o Auditorio acolleron as proxeccións dos traballos incluídos nesta categoría.

Ao longo da mañá sucedéronse diversas actividades infantís no Auditoriomunicipal , nas que se inclúen proxeccións e talleres para os máis pequenos. Ata alí achegáronse os escolares do CEIP. Amaro Refojo e CEIP. Princesa de España.

Unha pequena viaxe pola etapa da "Nouvelle Vague"

O Auditorio municipal tamén acolleiro, a partir das 22:15 horas, arrincará unha das actividades máis destacables desta segunda edición do FIC, a retrospectiva da Nouvelle Vague, que se desenvolverá ata o vindeiro venres. Trátase dun ciclo para facer unha aproximación a algúns dos directores que marcaron esta corrente, mostrando títulos de distintas etapas e con temáticas e estilos moi heteroxéneos. Onte pola noite poidose ver o filme "Os curmáns" ("Les cousins", Claude Chabrol, 1959) , cunha presentación que correu a cargo dos críticos de cinema Nicolas Azalbert e Víctor Paz.

Te puede interesar