AUDIOVISUAL

O Festival ‘Vía XIV' recibiu máis de 620 curtametraxes

curtas1__result
photo_camera Xosé Lois Santiago, director de producción do Festival Internacional de Curtametraxes

Intelectuais introducirán os tres temas oficiais do festival, que comezará o vindeiro 5 de decembro

Pechado xa o prazo de envío de obras, o Festival Internacional de Curtametraxes de Verín recibiu máis de 620 curtas procedentes de vinteún países. O certame contará cun orzamento inicial de 20.000 euros, que darán forma un evento que se celebrará do 5 ao 11 de decembro, co Auditorio Municipal e a Casa da Cultura como epicentros. 


Pero os prolegómenos do Festival xa se abren o vindeiro martes, día 8, data na que comeza un "Ciclo de conferencias culturais e audiovisuais" que dará paso ao Festival Internacional de Curtametraxes de Verín. As conferencias, que terán lugar os días 8, 15, 23 e 30 deste mes, suporán un primeiro achegamento ás temáticas da que se compón o festival. 


Estas tres temáticas -emigración, fronteiras e Entroido- serán transmitidas ao público asistente dunha maneira "didáctica", pois son cuestións que a concelleria Emilia Somoza considera "fundamentais no acervo cultural da comarca". "Os temas a tratar son un elemento vertebrador do territorio, así coma un factor chave na comprensión da dualidade Chaves-Verín", afirmou a concelleiro ao respecto. 


O coordinador da área de conferencias do FIC Verín será o historiador Bruno Rúa. As palestras terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura municipal a partir das 20,30 horas en todas as súas datas.


O martes 8 de novembro será o doutor Manuel Mandianes, antropólogo do CSIC, quen disertará sobre o sinal antropolóxico que "a raia" deixou na xente, tocando temas como o contrabando e a transferencia da cultura popular. Continuará o ciclo, o mestre e veciño de Verín Xerardo Dasairas, quen se encargará de explicar aos asistentes as circunstancias e vicisitudes da emigración na nosa terra, coas causas e consecuencias da aculturación e o desarraigamento.  Miguel Losada, antropólogo e presidente da Sociedade Antropolóxica Galega daranos a coñecer a importancia que ten na sociedade o Entroido, ao mesmo tempo que fai unha análise científico do seu significado. A previa do FIC Verín contará, como fío condutor dos tres temas, coa conferencia do catedrático Antonio Rodríguez Colmenero, quen disertará sobre a romanización do val do Támega e o nacemento da bipolaridade Chaves-Verín.n
 

Te puede interesar