Formación

Formación sobre alérxenos no CDR Portas Abertas de Verín

portas abertas verín
photo_camera La charla se celebró por videoconferencia. (Foto: cedida).
A charla impartiuse dende a Asociación de Celíacos de Galicia

 O CDR Portas Abertas de Verín organizou este martes unha formación para os seus usuarios, dentro do programa Itinerarios Integrados contra a despoboación -no marco do programa Poises- sobre alérxenos e celíacos. 

A formación, a través de videoconferencia, impartiuna Gloria Bernárdez, responsable de seguridade alimentaria da Asociación de Celíacos de Galicia, e catro integrantes dos Itinerarios aprenderon sobre este tipo de contidos, "algo moi necesario aquí en Verín" comentou Lucía Aparicio, orientadora do CDR.

A formación enfocouse no sector da hostalaría e da alimentación e "o coñecemento dos alérxenos é importante xa que van poder prestar un mellor servizo tanto en hostalaría como noutros traballos", din dende Portas Abertas.

Ademais, dende a entidade están barallando a posibilidade de facer outro taller para profundizar máis, "co obxectivo de que a xente que traballa nestes sectores teñan coñecementos para mellorar a alimentación que se lle dá a o consumidor", destaca Aparicio.

Te puede interesar