Formación sobre soutos e castañas en Riós: cando e onde

centro agroforestal riós
photo_camera O centro agroforestal da castaña en Riós.

O Centro Agroforestal da Castaña de Riós organiza unhas xornadas formativas sobre o castiñeiro para estes días de agosto, organizadas polo Concello de Riós, coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. 

Esta formación está dirixida especialmente a tres colectivos: produtores en activo, persoas que pretendan iniciar unha actividade agraria e desempregados na busca dunha incorporación ó mercado laboral por conta allea en empresas do sector primario. 

Ademais, as xornadas dividiranse en tres bloques, todos en horario de 10,00 a 14,00 horas. O venres  comezou a primeira cita, que se prolongará ata o 10 de agosto, sobre planificación para plantación de castiñeiros (localización, material vexetal, establecemento da plantación e plantación en si mesma), do 8 ao 11 de agosto tratarase o tema do manexo do souto (poda, fertilización, solo e rego) e, por último, do 9 ao 12 de agosto darase información sobre o control de pragas e enfermidades.

Os interesados en acudir a estas sesións deberán inscribirse no propio centro agroforestal do Riós a través do número de teléfono 988 42 30 07. 

O centro agroforestal da castaña de Riós leva anos impartindo formacións a persoas somerxidas no sector primario, ben dende o propio centro ou acudindo a concellos limítrofe e da provincia para dar a coñecer o valor da castaña.

Te puede interesar