cultura

Un foro analizará en Verín o valor para o turismo dos lagares

Será aberta ao público e terá lugar ás sete da tarde no Museo Claustro dos Mercedarios

O valor e o aproveitamento turístico dos lagares rupestres en toda Europa será obxecto de análise e debate por expertos internacionais hoxe sábado no Museo Claustro dos Mercedarios, en Verín. Ás sete da tarde, e aberta ó público, terá lugar unha mesa redonda no Salón de Actos onde se debaterá o futuro deste importante vestixio do pasado como recurso para o desenvolvemento turístico.

Dous novos países, Italia e Creta, adheriranse á Rede Internacional de Lagares Rupestres no acto de Verín, no contexto do II Foro Internacional desta especialidade que acollerá o Museo Claustro Mercedario na vila do Támega. A mesa redonda, dirixida polo enólogo Luís Paadín e integrada por importantes expertos internacionais, abordará "o valor patrimonial, turístico e de identidade dos lagares rupestres", afondando no valor como recurso destas pezas únicas no mundo da produción do viño. 

Intervirán  Luís Vicente Elías como presidente da Asociación Lagares Rupestres de España (Doutor en antropoloxía), Augusto Sequira como presidente da Asociación en defensa de los Lagares Rupestres de Portugal, Asunción Martínez, vicepresidenta (Doutora en Arqueoloxía) e Julio Grande, secretario xeral (Licenciado en Humanidades).

Te puede interesar