Teatro

A función de “A Curva España" terá un novo pase en Verín

A obra teatral trata dun crime sen resolver que provoca sospeitas e interrogantes sobre os autores

A función da obra teatral "A Curva España" que contará a historia do enxeñeiro que se matou nun misterioso accidente, contará con dous pases debido á "ampla demanda existente por parte da cidadanía". O primeiro pase será o día 28 de setembro, ás 21,00 horas, e o segundo será o vindeiro día 29 deste mes, ás 19,00 horas.

As entradas pódense mercar en www.ataquilla.com e fisicamente no Auditorio Municipal de Verín o propio día dos pases. 

A estraña morte do enxeñeiro España, principal valedor de que o tren pasase por Verín, foi a orixe dunha lenda local que se transmitiu oralmente entre os veciños da comarca nos últimos 100 anos e que acusaba aos caciques da zona de simular un accidente de coche para asasinalo e preservar así os seus escuros intereses económicos.

"Curva España" trata sobre un crime sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións, a compañía Chévere artella unha peza que "ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou".

Te puede interesar