formación

Futuros profesionais da atención sociosanitaria fórmanse en Verín

curso verin
photo_camera O curso estase a desenvolver na Casa da Xuventude da vila.

Este é o terceiro ano consecutivo que a vila verinesa ofrece esta acción formativa

Grazas a unha subvención outorgada ao Concello de Verín por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria, un total de 15 alumnos estanse a formar durante estas semanas no curso oficial de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais na Casa da Xuventude da localidade. 

O alumnado que complete de xeito satisfactorio esta disciplina farase co certificado de profesionalidade de nivel un, que é requerimento imprescindible para poder traballar en institucións xerontolóxicas a partir do vindeiro ano 2020. 

Esta distinción permitirá que os participantes no curso poidan atender, de xeito óptimo, a persoas dependentes no ámbito sociosanitario na institución onde se desenvolva a súa actuación, aplicando estratexias e procedementos profesionais destinados a manter e mellorar a súa autonomía persoal e as súas relacións coa contorna. 


É o terceiro ano consecutivo que a vila verinesa ofrece esta acción formativa, que foi solicitada dende a área de Réxime Interior e Recursos Humanos


O curso, de 468 horas de duración, consta dunha parte práctica e doutra teórica, e se prolongará dende esta semana ata o día 1 de xuño deste mesmo ano. "É unha formación moi demandada. A solicitamos dende o 2015, e todos os anos tivo aforo completo. A demanda é constante, e máis cando se proxectan abrir institucións dedicadas ao coidado de dependentes en Verín", conta Rosario Rodríguez, edil de Recursos Humanos.

Te puede interesar