FORMACIÓN

Gerardo Seoane protesta pola cancelación dun curso de galego

É o segundo ano consecutivo que se suspende este curso

O alcalde de Verín, Gerardo Seoane, remitiu no día de onte unha misiva á Secretaría Xeral de Política Linguística da Xunta de Galicia na que protesta enérxicamente pola supresión, por segundo ano consecutivo, do curso de galego Celga 4. 

O primeiro edil, logo de ter coñecemento de que dita formación -que tiña que comezar o vindeiro día 17- fora cancelada por falta de profesorado, mostrou na carta a súa protesta e a "perplexidade ao coñecer da supresión dun curso xa asinado cando a propia Secretaría publica de xeito simultáneo un acordo polo que amplía en seis os que se impartirán nas principais cidades galegas", que coinciden co mesmo número de suprimidos, entre eles o de Verín. 

Seoane Fidalgo remata propondo que se revisen os criterios organizativos destes cursos preparatorios.

Te puede interesar