La Región

MONTERREI

Gerson Tineo e Aaron Cazas actuaron en Verín no marco de Camiños Sonoros

O programa incluirá 40 concertos gratuítos.

El pianista Gerson Tineo, durante su actuación en Verín.
El pianista Gerson Tineo, durante su actuación en Verín.
Gerson Tineo e Aaron Cazas actuaron en Verín no marco de Camiños Sonoros

O pianista Gerson Tineo Moffi e o baixista Aarón Cazas protagonizaron unha nova entrega de Camiños Sonoros que, desta volta, celebrouse na praza da Mercé, en Verín. A comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, asistiu a este concerto que se enmarcou dentro da programación para o vindeiro Ano Santo e dentro do Plan Director do Camiño que, en 2019, priorizará melloras e diferentes accións de dinamización cultural na Vía da Prata. 

Ambos músicos proceden dos conservatorios de Vigo e A Coruña e interpretaron temas clásicos de jazz en formato dúo, na vila verinesa. Foi a terceira actuación celebrada esta fin de semana no marco de Ciclos sonoros, que conta coa dirección artística de Andrea González. O venres tivo lugar en A Mezquita un concerto de clarinete, violín e piano na Igrexa de San Martiño e o sábado celebrouse unha actuación na Igrexa da Mercé de Verín a cargo da pianista Marina Fernández. O programa incluirá 40 concertos gratuítos.