A GUDIÑA

A Gudiña busca colaboración para impulsar o cultivo das castañas

Conselleira e alcalde analizaron diversas iniciativas que están relacionadas coa posta en valor e a promoción desde producto

O alcalde de A Gudiña, José María Lago, mantivo onte unha reunión de traballo coa conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, á que pediu colaboración para fomentar o cultivo, comercialización, transformación e investigación relacionada coa producción de castaña.

Conselleira e alcalde analizaron diversas iniciativas que están relacionadas coa posta en valor e a promoción desde producto, con vistas a incentivar a súa transformación e plantación ordenada de castiñeiros.

José María Lago e Ángeles Vázquez tamén acordaron colaborar para potenciar a investigacion neste campo, en especial a súa aplicación práctica para mellorar a comercialización deste producto, así como en materia xenética, entre outros posibles campos de traballo. Así mesmo, abordaron asuntos como a potenciación do sector forestal e a prevención e loita contra os incendios forestais.

Te puede interesar