MONTERREI

A Gudiña promove vías para loitar contra o lume

José González con José María Lago.
photo_camera José González (esquerda) con José María Lago.

A máis importante pasa pola mobilización de terras e ampliación da base territorial das explotacións

José María Lago, rexedor da localidade de A Gudiña, trasladoulle ao conselleiro de Medio Rural, José González, varias propostas para loitar contra a problemática dos lumes no concello. A mais importante pasa pola mobilización de terras, co obxectivo de ampliar a base territorial das explotacións agrogandeiras da zona e poder loitar contra o abandono de predios e os incendios. 

José González salientou que en Galicia hai, na actualidade, 114.000 hectáreas de terra con "boa aptitude agraria" para ser postas en producción e, delas, unhas 46.000 son "da mellor calidade". 

O titular de Medio Rural tomou nota do interese do rexedor por poñer en marcha un proxecto destas características, centrado na recuperación de soutos tradicionais de castaña e praderías. No primeiro caso, González subliñou que está aberto o prazo para solicitar as axudas para a creación de superficies forestais madiante a plantación de coníferas e frondosas.

Te puede interesar