economia

A Gudiña recibiu 1,6 millóns das arcas galegas nos últimos catro anos

As achegas permitiron actuacións como a renovación da rede de abastecemento da localidade, a creación dunha casa niño, ou a mellora de camiños 

O goberno local de A Gudiña comezou a preparar os proxectos de cara a esta recén estreada lexislatura. Para esta finalidade, o rexedor local, José María Lago, mantivo unha xuntanza de traballo coa delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. Precisamente, o municipio ourensán percibiu das arcas autonómicas máis de 1,6 millóns de euros no último mandato. As diferentes consellerías da Xunta concederon ao Concello preto de 815.000 euros en materia de subvencións e 850.000 euros en convenios, ademais de 140.000 euros para outras actuacións. 

As achegas mencionadas posibilitaron a renovación da rede de abastecemento da localidade, a creación dunha casa niño, obras de repoboación para a recuperación do potencial forestal danado polo lume, a mellora de camiños e do saneamento do parque empresarial.

Te puede interesar