SANIDADE

O hospital de Verín incorpora lámpadas LED nos quirófanos

O Sergas indica que no Hospital de Verín realizáronse, en 2017, 2.542 intervencións cirúrxicas, rexistrándose 2.849 ingresos, 69.227 consultas e 13.372 urxencias.

O Servizo Galego de Saúde prevé contratar a adquisición de lámparas de quirófano, que permitirá renovar este equipamento no Hospital de Verín, cun investimento superior aos 21.000 euros, segundo anunciou onte o Segas.

Con este orzamento público o hospital da bisbarra de Monterrei accederá a un equipamento de tecnoloxía avanzada, LED de luz fría, "que mellora a seguridade e confort de usuarios e profesionais, ao proporcionar unha fonte lumínica non térmica", explica o organismo dependente da Xunta nun comunicado.

O concurso é de procedemento aberto cunha pluralidade de criterios baseados no principio de mellor relación calidade-prezo. Este método de adxudicación "permite que toda empresa interesada, que cumpra cos requisitos esixidos, acceda á información da contratación, presente súa oferta e poida ser adxudicataria segundo os criterios establecidos".

O Sergas indica que no Hospital de Verín realizáronse, en 2017, 2.542 intervencións cirúrxicas, rexistrándose 2.849 ingresos, 69.227 consultas e 13.372 urxencias. Nesta liña de actividade e xestión, no último balance feito público polo Sergas, do primeiro semestre de 2018, "o Hospital de Verín situouse como o hospital galego con menor tempo medio de acceso a unha intervención cirúrxica, con 25 días". 

Te puede interesar