CRÓNICA

Verín dalle unha nova aperta ao seu hospital

Luvas, máscaras de protección e habitacións para os sanitarios amosan a solidariedade dun pobo en tempos de estado de alarma

Non fai moitas semanas, baixo o lema "abraza o teu hospital" os verineses loitaban pola mellora dos servizos de saúde e contra o peche do paridoiro no seu centro hospitalario. Hoxe, en tempos de emerxencia sanitaria, novas iniciativas volven a amosar a solidariedade e compromiso da comarca de Monterrei co seu hospital e cos profesionais que traballan nel.

Proba disto foi a doazón de material sanitario ao centro por parte do instituto García Barbón de Verín. Dende o ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermería cederon luvas e máscaras protectoras de distintos tipos ao persoal médico, atendendo ás necesidades que poidan xurdir ante a crise sanitaria actual .

Segundo explicou Daniel Veiga, director do instituto, o xefe de estudos seguiu o exemplo dun centro ferrolán. "Toda a operación se fixo co visto bo da Inspección e en contacto coa xerencia do Hospital de Verín, dende onde afirmaron que si facía falta dito material", manifestou o director do centro de ensino secundario verinés. "O material xa o entregamos esta semana. Veu a buscalo persoal do propio hospital", engade. 

NEWSLETTER

Suscríbete gratis al boletín especial del coronavirus de La Región

A doazón incluiu, ademais das luvas, máscaras embolsadas e tamén outras de tela. En total, e tendo en conta os distintos tipos, máis de 2.500 unidades -entre luvas e máscaras- mellorarán a dotación sanitaria do Hospital de Verín. "Quedamos con algunhas unidades nos institutos. No seu momento, cando volvamos a ter clases, volveremos a mercar o material que faga falta. Agora mesmo temos a docencia suspendida e non nos fai falta", explicou Daniel Veiga. "Recibimos o parabén de toda a comunidade educativa para facer a doazón, que quedou rexistrada nun documento específico para que quedase constancia", engade. 

A do Instituto García Barbón de Verín non foi a única acción solidaria co hospital comarcal nestes últimos días xa que, tal e como asegurou a xerente, Guillermina Agulla, a responsable da Casa Rural O Retiro do Conde, ubicada no núcleo de Vilaza, ofreceu camas do seu aloxamento aos sanitarios que as precisasen. 

"Llamé el lunes al hospital a primera hora y les comenté las habitaciones que tenía disponibles por si algún médico o personal sanitario en general las necesitaba en estos momentos complicados", recuerda Matilde Domínguez, xerente de O Retiro do Conde. "De momento nadie ha hecho uso de este ofrecimiento, pero me pareció algo que tenía que hacer dada la proximidad que tenemos, en todos los sentidos, con el hospital. No me lo pensé, la verdad", engadiu a responsable do aloxamento.

Te puede interesar