APRENDIZAJE | IDIOMAS

O IES Taboada Chivite participa no “English week" da Xunta

Un grupo formado por 25 alumnos de 3º de ESO participan dende o pasado domingo ata o próximo sábado, día 19 de novembro, nunha serie de actividades de inmersión lingüística

O IES Xesús Taboada Chivite de Verín foi seleccionado para participar nas actividades de inmersión lingüística en lingua inglesa “English Week” convocadas pola Consellería de Cultura e Educación. Un grupo formado por 25 alumnos de 3º de ESO participan dende o pasado domingo, día 13 de novembro, e ata o próximo sábado, día 19 de novembro, nunha serie de actividades de inmersión lingüística que lles permitirán mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. 

Para conseguilo, participan non amplo abano de actividades non só académicas senón tamén de carácter cultural e deportivo. Estas actividades de formación desenvólvense no centro residencial situado nos Peares (Lugo), en réxime de internado.

Te puede interesar