O IES Xesús Taboada Chivite de Verín participa no programa "Educación Responsable"

IES Xesús Taboada Chivite Verín
photo_camera El IES Xesús Taboada Chivite de Verín. (Foto: Concha Caneiro).
O instituto Taboada Chivite de Verín fomenta a creatividade a través do programa "Educación Responsable"

O IES Xesús Taboada Chivite de Verín é o único centro da provincia de Ourense que este ano -son moitos os centros que se unen ao programa todos os cursos- se sumou ao programa da Consellería de Educación que fomenta o desenvolvemento persoal: "Educación Responsable".

Este proxecto, que conta con tres fases -formación do profesorado, realización de tarefas e implementación- tenta potenciar o desenvolvemento social a través da creatividade. "Nos tempos que estamos agora mesmo, penso que é un programa bastante completo e que pode axudar moito aos alumnos", asegura César Sánchez, o director do centro.

A través de diversos talleres, "a idea é ir expandindo esta dinámica pouco a pouco", para traballar máis coas emocións. Algo que Sánchez ve como "moi interesante para o noso centro xa que temos unha gran diversidade de alumnado".

Te puede interesar