Jonatás Gago sobre a presidencia da DO Monterrei: "É unha oportunidade única"

photo_camera El ya presidente del consello regulador de la entidad vinícola toma el cargo con ilusión, compromiso y respeto.
O novo presidente do consello regulador traballará para que haxa unión entre os integrantes do sector e para que siga medrando o territorio

Jonatás Gago García (Verín, 1974) xa é o novo presidente do consello regulador da Denominación de Orixe Monterrei, posto co que se compromete ao 100%. Así o asegurou onte na sede da denominación: “Para min ser presidente da DO é unha oportunidade única, representar a algo tan representativo da nosa comarca é importante”, dixo tras agradecer a familia, amigos, integrantes do mundo vinícola e compañeiros o apoio mostrado.

Un posto que vai compatibilizar coa docencia, pois dende o 1999 é mestre de Educación Infantil no colexio María Inmaculada de Verín. “Teño moito traballo por diante, quero falar con todos os integrantes do sector para coñecer as necesidades e que todos se sintan identificados coa denominación, a unión fai a forza”, confiado no consenso do consello regulador para tomar decisións, “como foi coa miña elección, por unanimidade”, engadiu. En canto a liña de traballo, Gago asegurou que seguirá como ata agora, “porque funciona”. Iso si, “haberá cousas que mellorar”, reflexionou. 

Jonatás Gago, coñecido por “Joni”, comezou no 1996 a catar viños, algo que o posicionou en bo lugar para ser elixido presidente. “Cando comecei a catar había tres adegas, agora son 28, mostra de que os viños continúan mellorando”, recordaba con ilusión, respecto e compromiso polo posto que ocupa. 

Te puede interesar