Laza aproba a conta xeral de 2020 e 2021

O Concello de Laza celebrou este xoves un pleno ordinario que, a diferenza do que acostuman, durou menos dunha hora. Unha sesión a que se levou a aprobación dos últimos plenos ordinarios e extraordinarios, ademais da aprobación da conta xeral do Concello de Laza do exercicio 2020-2021, o que foi aprobado cos votos do Partido Popular. 

As contas aprobáronse a través do voto de calidade dos populares. Xuntos por Laza e o Partido Socialista votaron en contra, pero pola falta dun concelleiro socialista, o grupo de goberno puido aprobar ditas contas. 

Xa na quenda de rogos e preguntas, Jorge Lorenzo, portavoz de Xuntos por Laza, preguntou ao alcalde José Ramón Barreal polas obras de Adif na estrada que cruza o concello, “por uns arranxos que ían facer no colexio e non fixeron e por uns problemas que houbo da recollida do lixo”, explicou Lorenzo. Sen preguntas por parte de Jesús Blanco, portavoz dos socialistas, o pleno deu por concluído sen as disputas habituais no Concello.

Te puede interesar