infraestruturas

Laza renova o seu alumeado e aforra case 24.000 euros

laza
photo_camera O cambio do alumeado da área recreativa foi unha das últimas actuacións levadas a cabo (MARTIÑO PINAL).

Está en fase de concurso o das dúas avenidas e o interior da vila cun investimento de 118.200 euros

O Concello de Laza continúa co seu plan de renovación do alumeado público a prol de acadar unha maior eficiencia enerxética e aforro. Por este motivo, a administración local vén de sacar a concurso o alumeado das dúas avenidas do municipio, así como da zona interior, onde se realizará un investimento de 118.200 euros, que estará subvencionado polo IDAE -Ministerio de Industria-. Neste caso, ademais das lámpadas, cambiaránse os báculos por columnas de sete metros de altura. Neste senso, os equipos pasarán de ser de 100 voltios, a 60, aínda que contarán co dobre de capacidade lumínica. 

Outra obra que sairá a concurso esta semana alcanzará un orzamento de 140.000 euros e consistirá no cambio completo de equipos e lámpadas nas zonas da área de montaña -Cerdedelo, O Pereiro, Toro, Camba, Alberguería e Arcucelos-. 

Segundo apuntan dende o Consistorio de Laza, ata a data actual reformáronse os sistemas de alumeado en Retorta, Matamá, Soutelo Verde, Cimadevila e de parte da capitalidade municipal, cunha inversión total de 90.000 euros. Outra das últimas reformas foi o cambio en favor da tecnoloxía led do pavillón polideportivo, así como da zona recreativa do Toural.  Ambas contaron cunha achega de 48.000 euros, financiados pola Consellería de Presidencia e Administracións Públicas da Xunta de Galicia. 

O goberno local cifra en 24.000 euros o aforro acadado durante o pasado 2018.

Te puede interesar