Laza xa ten cartel para o Entroido 2023: "Non hai fronteiras"

cartel ganador entroido de laza 2023
photo_camera A gañadora do concurso con integrantes da comisión de Entroido.
O cartel gañador recibiu 71 votos dos veciños e visitantes

O Entroido de Laza do 2023 xa presume de cartel promocional: é unha peza de Lara González e Ismael González que se titula "Non hai fronteiras". Levou o voto do público -con 71 votos- e foi a vencedora tras os votos da comisión de Entroido, entidade organizadora do concurso.

cartel laza entroido 2023
O cartel gañador.

“Este cartel trata de transmitir que en Laza levamos o Entroido bastante dentro, que é un sentimento moi noso, por iso o das raíces baixo a máscara do Peliqueiro”, explican dende a organización. Lara e Ismael González quixeron inserir neste deseño as diferentes figuras que representan o Entroido de Laza, "que todas -din- dan forma ao que é o Entroido", de aí que estea presente a morena, a galega, os farrapos, as formigas, e, como figura estrela desta celebración, o Peliqueiro.

No concurso, seguindo a “Non hai fronteiras”, os veciños e visitantes votaron -de maneira presencial e online- con 68 votos “Late o Arte” e con 21 votos “Lazarillo”. Agora, dende a Comisión de Entroido preparan o cartel para comezar a promoción da celebración e xa contan os días “para desfrutar do Entroido, que xa temos unhas ganas inmensas”, conclúen os membros da comisión.

Te puede interesar