MONTERREI

Lorena Quintas expón en Verín “Galicia en fíos"

20190709203123066_result
photo_camera Lorena Quintas, sentada en primeiro plano, durante o acto de inauguración da exposición, na sala de Verín.

A artista, que padece unha discapacidade visual, traballa en tela e madeira

A Sala de Exposicións de Verín abriu este martes unha exposición das obras de Lorena Quintas Rejo, unha artista que padece unha discapacidade funcional visual total. "Galicia en fíos" poderase visitar ata o día 2 do próximo mes de agosto. A discapacidade desta artista levouna a adaptar a súa vida as súas condicións de funcionalidade, dedicándose a debuxar con fíos, utilizando como base tela, papel ou madeira. 

Desde o ano 2016, con obras do proxecto Xogo de Fíos realizou ducias de exposicións en cidades e vilas de Galicia. Na cidade de Ourense, estivo na Casa da Xuventude e na Auriense. En Santiago de Compostela, levou os seus cadros con éxito ao Centro Sociocultural O Ensanche e ao Centro Cívico A Trisca. Percorreu, tamén, diversas vilas desta provincia, como Carballiño onde se pudo ver a súa obra no Casino; enBarbadás, na Casa da Cultura; Allariz, no Roi Xordo, A Fábrica; en Celanova, na Fundación Curros Enríquez ou en Ribadavia, na Casa da Xuventude. Tamén mostrou os seus cadros en Monforte de Lemos, Chantada, Arzúa, Sober e Ferreira de Pantón, entre outros lugares.

Te puede interesar