Agenda cultural e de ocio

O Mago Teto aterra no Auditorio de Verín co "Camiño do Afiador"

auditorio de verín (c.c.)
photo_camera A cita será no Auditorio de Verín. (Foto: C.C.).
A entrada será de balde ata completar o aforo 

O ilusionimos chega ao Auditorio Municipal de Verín, onde o vindeiro domingo, 24 de outubro, ás 19,00 horas, o Mago Teto realizará o espectáculo "O Camiño do Afiador", unha cita pensada para todos os públicos e que xira ao redor dunha roda de afiar dos anos trinta, herdada dos ancestros do protagonista.

O afiador, un oficio que tivo o seu apoxeo nos séculos XVIII e XIX -practicamente extinguido no século XX-, desprazábase centos ou milleiros de quilómetros por uns meses, mesmo anos, coa única compaña da súa roda. Así, miles de historias e aventuras doutros tempos chegan á escena coa axuda do ilusionismo.

Teto_Verin_Falaredes

"O Camiño do Afiador" enmárcase dentro do Programa de Dinamización da Lingua Galega "Falaredes 2021", dentro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo da Xunta de Galicia. A entrada ao evento será libre e gratuíta ata completar o aforo. 

Te puede interesar