Máis de 200 alumnos de Verín visualizaron "Cigarróns do Oeste"

videoconferencia biblioteca verín
photo_camera Momento da videoconferencia "Cigarróns do Oeste" con Miguel Losada.
A videoconferencia "Cigarróns do Oeste" de Miguel Losada foi a primeira de unha serie de charlas programadas pola Biblioteca

A primeira das sete videoconferencias temáticas programadas pola Biblioteca Municipal de Verín tivo unha gran acollida entre os alumnos dos centros educativos de Verín: máis de 200 alumnos visionaron "Cigarróns do Oeste: Traxes, zamarras e pistolas. O poder dun traxe", de Miguel Losada.

Os participantes da videoconferencia foron alumnos e alumnas do CEIP Amaro Refojo, IES García Barbón, IES Castro de Baronceli, IES Taboada Chivite e CPR María Inmaculada. A charla do escritor, antropólogo e secretario da Soc. Antropolóxica Galega, Miguel Losada, estará dispoñible para o público xeral na canle oficial de youtube da Biblioteca de Verín. 

Así, o ciclo de videoconferencias continuará o día 3 de marzo da man de Toti Martínez, unha escritora que analizará como realmente era o Camiño de Santiago na antigüidade, antes da súa maior difusión pola relixión cristiá, baixo o nome "O outro Camiño de Santiago".

Te puede interesar