camino a santiago

Máis de 2.000 peregrinos pernoctaron en Laza no 2018

Nesta oficina proporcionase información aos visitantes, que tamén poden mercar produtos típicos.
photo_camera Nesta oficina proporcionase información aos visitantes, que tamén poden mercar produtos típicos.

A oficina de atención a visitantes da localidade acaba de cumprir o seu primeiro ano de vida 

"O Formigueiro", a iniciativa levada a cabo por unha veciña de Laza, en colaboración co Concello de Monterrei, para atender aos visitantes e peregrinos que se achegan ata este municipio, vén de soplar a vela do seu primeiro aniversario acadando un resultado moi positivo. Neste senso, e tal e como informan dende o Consistorio de Laza, preto de 2.280 peregrinos pernoctaron no albergue local e pasaron por esta oficina ubicada na Vía da Prata -e por onde pasa tamén o Camiño Portugués- para informarse da oferta cultural, gastronómica e festiva que proporciona Laza. 

A oficina de turismo da localidade é unha experiencia piloto promovida por Eva Salgado e o  propio Concello. A administración local colabora directamente con esta emprendedora do rural, cedéndolle o espazo mediante un aluguer simbólico e axudándoa en todo o que precise para o desenvolvemento da súa actividade. Pola súa banda, a responsable da oficina proporciona toda a información turística aos visitantes relacionada coa vila, ao tempo que lles ofrece a posibilidad de que poidan mercar agasallos e artesanía típica da zona. "Son moitos os visitantes e peregrinos que se acercaron ás súas instalacións, e encaixa perfectamente dentro dos diferentes proxectos vinculados ao turismo que se están levando a cabo hoxe no noso concello e dos que desexo e espero éxito", manifestou o rexedor de Laza, José Ramón Barreal Novo, ao abeiro desta actividade turísticoempresarial. "A pesares das dificultades que entraña o feito de emprender no rural, sobre todo, pola paulatina perda de poboación, sigo crendo no futuro deste proxecto e no da aldea", apuntou a xestora do espazo, Eva Salgado. 

"O Formigueiro", bautizado así polo protagonismo que posúe este insecto durante unha das festividades máis senlleiras da vila -o tradicional Entroido-, continuará mellorando os servizos que ofrece. Nesta liña e tal e como explican fontes municipais, estase elaborando material publicitario para incorporar á oficina, e trípticos en varios idiomas sobre tradicións, festas, patrimonio, rutas e actividades a desenrolar nos diferentes lugares do Concello.

Ao longo deste 2019, o obxectivo tamén é contabilizar o número de visitantes que se acheguen ata a oficina, aínda que no que atixe ao número de peregrinos que pasaron polo albergue no que vai de ano, estes xa superan os 250. Por último, os responsables deste espazo informativo aseguran que continuarán colaborando coas asociacións presentes no Concello, como a agrupación de mulleres rurais ou a comisión do Entroido, así como con algúns artistas do municipio e artesáns de Galicia, que expoñen e venden os seus produtos a través do seu escaparate. 

Agader, Medio Rural e empresas vinculadas á construcción do Ave colaboraron con este proxecto que, despois dun ano da súa posta en funcionamento, o Consistorio considérao "un éxito que dá pe a outras iniciativas similares".

Te puede interesar