Máis de 600.000 euros adicará Medio Rural ás axudas apícolas

Calquera particular, agrupación ou colectivo inscrita no rexistro oficial pode solicitar estas subvencións.

A Consellería do Medio Rural achegará este ano 603.738 euros aos produtores de mel galegos a través da orde de apicultura que se publicou onte no Diario Oficial de Galicia e para a que hoxe se abre o prazo de solicitudes, que será dun mes. Esta convocatoria foi consensuada coas organizacións apícolas de Galicia, recollendo e incorporando as súas achegas, para mellorar ou seus contidos. As condicións desta orde foron explicadas onte pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, nunha visita a unha explotación apícola na localidade ourensá da Gudiña. A titular da mesma, membro da Agrupación Apícola de Galicia, dispón de 650 colmeas repartidas polo concello e foi beneficiaria destas axudas no 2017 para mellorar o seu status sanitario.

Calquera particular, agrupación ou colectivo inscrita no rexistro oficial pode solicitar estas subvencións.

Te puede interesar