RURAL

Os máis cativos, preocupados pola despoboación do rural na comarca

pleno_verin_result
photo_camera Pleno infantil no Concello de Verín.

Alumnos de Primaria e 1º da ESO participaron no pleno infantil convocado polo Concello de Verín. 

Máis de 150 alumnos de Primaria e 1º de ESO dos centros de Verín participaron no Pleno Infantil convocado no Concello para coñecer as inquedanzas e os anceios de implicación na vida pública dos veciños máis novos da vila. 

Alumnos das escolas Amaro Refojo, María Inmaculada, Mercedarios e Princesa de España protagonizaron onte na Casa da Cultura de Verín o pleno adicado ós máis pequenos, ademáis de coñecer posteriormente as instalacións da Casa Consistorial. Durante a sesión, presidida polo alcalde, Gerardo Seoane, e o tenente de alcalde, Diego Lourenzo, os nenos formularon preguntas e propostas de resolución. 

Entre estas, que resultaron aprobadas por unanimidade, destacaron as encamiñadas a solicitar das administracións unha implicación activa para crear medidas de dinamización económica que fixen poboación no rural, evitando a despoboación de comarcas como a de Monterrei.

Te puede interesar