A Mancomunidade de Monterrei busca unha formadora sobre emprendemento rural

Dende o CIM apostan polo emprendemento de mulleres do rural

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Municipios da comarca de Monterrei está a buscar formadora para un curso sobre emprendemento social e campañas de “crowfunding” -financiamento colectivo-.

“O emprendemento social é unha técnica empresarial empregada por empresas, organizacións con ou sen ánimo de lucro e mesmo gobernamentais para financiar o desenvolvemento de solucións”, explican dende a entidade.

Por iso, están a buscar unha experta neste eido para levar a cabo un obradoiro encamiñado a mellorar as competencias de emprendemento de mulleres do rural e compartir experiencias de éxito.

Te puede interesar