DIVULGACIÓN

Mandianes inaugura o ciclo de conferencias do FIC Verín

O ciclo estará enfocado a realizar un primeiro achegamento ás tres temáticas oficiais do festival, que son a emigración, fronteiras e o entroido

Na tarde de hoxe, a partir das 20,15 horas, o doutor Manuel Mandianes inaugurará o ciclo de conferencias do FIC Vía XIV. Este antropólogo do CSIC, autor de multitude de artigos e libros referentes á cultura arraiana, protagonizará "A fronteira; a raia", unha ponencia arredor do sinal antropolóxico que "a raia" deixou na xente a un lado e ao outro da mesma, tocando temas como o contrabando ou a transferencia da cultura popular.


Con esta charla-coloquio, a primeira edición do Festival Internacional de Curtas de Verín inicia oficialmente a súa  axenda de eventos cun completo ciclo de conferencias culturais e audiovisuais, que terá lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín hoxe, así coma o 15, 23 e 30 de novembro. O ciclo estará enfocado a realizar un primeiro achegamento ás tres temáticas oficiais do festival -emigración, fronteiras e entroido- e á propia vía romana que lle da nome, como elemento vertebrador. 

Te puede interesar