SANIDADE

En Marea alerta de carencias que a dirección do hospital de Verín desminte

villares_result
photo_camera Luís Villares e Davide Rodríguez.

O seu director di que "hai afirmacións que chegan a ser moi ofensivas para os profesionais desta institución"

Realidade diametralmente oposta a que viron onte os parlamentarios da formación En Marea, Luís Villares e Davide Rodríguez, asegura presentar a institución segundo o seu director, Miguel Ángel Abad, visiblemente molesto polo comunicado feito público logo da visita dos anteriores ás instalacións do centro verinense. Segundo Abad, "teño a impresión de que se tenta atacar a este hospital comarcal de xeito continuado con afirmacións tan peregrinas e fóra de lugar como que chove dentro del ou que se están a desmantelar servizos ", sinalou.

Mentres Luís Villares critica "a modernización dos paritorios, as camas e os colchóns do Hospital Comarcal nun edificio cunha precarización laboral dos profesionais que fai que cando se convocan algunhas prazas estes non queiran vir", o seu máximo responsable afirma que esas declaracións "chegan despois de que traballadores e sindicatos coñezan as reformas que precisamente se levarán a cabo nas vindeiras datas, por non falar da suposta precarización, onde todas as vacantes se cubriron con interinidades indefinidas".

Te puede interesar