MEDIO AMBIENTE

Medio Rural intensificará a loita contra a avispilla en 2018

Segundo Fernández-Couto, para facer fronte a esta enfermidade do castaño neste 2017 realizouse a solta duns 133.000 individuos do parásito Torymus sinensis, que serve para controlar a doenza, xa que impide aos insectos chegar á fase de multiplicación

O director xeral de Ordenación Forestal, Tomas Fernández-Couto, anunciou no día de onte, en resposta a unha cuestión prantexada na sétima comisión do Parlamento autonómico, que o seu departamento incrementará de xeito exponencial o número de individuos do insecto Torymus para loitar contra a avispilla do castaño que se soltarán no vindeiro 2018. Pasarase dos pouco máis dos 133.000 que se espallaron no 2017 nas soltas experimentais ós máis de 1,6 millóns que se estuda diseminar nos soutos da comunidade autónoma. 

Segundo Fernández-Couto, para facer fronte a esta enfermidade do castaño neste 2017 realizouse a solta duns 133.000 individuos do parásito Torymus sinensis, que serve para controlar a doenza, xa que impide aos insectos chegar á fase de multiplicación. Esta práctica require autorizacións ambientais por parte do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

9.000 PUNTOS 
Así, con vistas ao vindeiro ano, a Xunta proporá incrementar a liberalización controlada do
parásito ata os 1,6 millóns de individuos, para cubrir os máis de 9.000 puntos de solta establecidos cun total de 8.334 unidades (caixas). Estes traballos realizaríanse en toda Galicia, pero especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, as máis afectadas pola enfermidade.

Te puede interesar