"Mestras", unha exposición sobre a muller na Historia da Arte en Verín

86F276CA-C9CA-4E0A-81FA-847C8917A0F8
photo_camera Exposición "Mestras" no IES García Barbón.
A mostra foi creada polos alumnos de Historia da Arte e Alba Gómez -a súa profesora- do IES García Barbón de Verín

O IES García Barbón de Verín convértese nun pequeno museo a través da exposición "Mestras", coa finalidade de reivindicar o espazo das mulleres na Historia da Arte. Unha mostra a que lle deron forma Alba Gómez, profesora da materia, e o seu alumnado. 

"O campo da arte foi un espazo do que as mulleres foron borradas e expulsadas practicamente ata a actualidade", explican dende o centro, que poñen como exemplo o manual de Gombrich, "un libro que segue a ser o máis vendido sobre a materia e no que apenas se inclúe o nome dalgunha artista". "Tamén nos propios contidos do exame Abau, onde por primeira vez este ano aparecen sete artistas que naufragan entre os nomes dunha morea de homes", engaden.

CCFD7793-01EF-4CB0-82A2-D2357A38675D
Exposición no centro.

Co pensamento de transitar un novo camiño, que debe partir tamén da escola, o alumnado elaborou con agarimo, curiosidade e asombro as audioguías das obras seleccionadas para "Mestras". Abordando ditas audioguías cunha perspectiva crítica onde desmontan clichés como a lectura feminizada das oras ou o constante recurso a xustificación das mesmas a través das biografías destas "mestras". "Queda moito por facer, e é necesario que traballos como este partan dende o ámbito académico e cheguen á sociedade", conclúen dende o centro educativo verinés.

Te puede interesar