La Región

CONVIVENCIA

A Mezquita promoverá a convivencia nunha xornada

A organización está preparando, según adiantan, unha xornada "cargada de animación, música e comida".

A Mezquita promoverá a convivencia nunha xornada

A Mezquita acollerá, o vindeiro 28 de xuño, a segunda edición da Convivencia Intercomarcal Tuxo e Lela que, o ano pasado, celebrouse cun grande éxito de participación. Este ano estará á fronte do acto a Asociación Cultural Os tres reinos que participará cos cativos do seu programa de Conciliación Familiar. 

A organización está preparando, según adiantan, unha xornada "cargada de animación, música e comida". Neste senso, o Concello de A Mezquita e o rexedor local, Rafael Pérez Vázquez, colaborarán nos aspectos loxísticos e económicos. A actividade comezará ás 16,30 horas na Devesa de Santigoso -camiño a Vilavella-. Haberá un obradoiro por cada centro participante e, nesta liña, se contará cos concellos de A Veiga, Viana do Bolo, Vilariño de Conso, e Riós.

Ademais dos cativos, os pais participarán activamente co obxectivo de mellorar as relacións paterno filiais. Previsiblemente asistirán os rexedores de todos os concellos que integrarán o programa de actividades, así como outra xente interesada.