MONTERREI

Monterrei contrata peóns para a brigada de obras e servizos

Segundo explica o Concello o contrato laboral que se subscribirá será o de obra ou servizo determinado

O Concello de Monterrei mellorará as súas actuais dotacións de personal para obras mediante a convocatoria dun proceso de selección para a contratación temporal de dous peóns de obras públicas para a brigada municipal de obras e servizos.  

Segundo explica o Concello o contrato laboral que se subscribirá será o de obra ou servizo determinado e entre as funcións previstas están as de operacións auxiliares na reparación e reconstrución de beirarrúas, operacións auxiliares na reparación e pavimentación en formigón e asfáltica, reparación e mantemento dos edificios, zonas verdes e parques infantís de competencia municipal.  A xornada laboral que se fixa é do 75%, cunha duración de tres meses. A retribución prevista é de 830 euros brutos mensuais, incluidos todos os conceptos salariais. 

Te puede interesar