Feminismo

Monterrei sumouse ao Día da Muller Rural

Marisol Díaz, no centro, visitou ao colectivo de Monterrei.
photo_camera Marisol Díaz, no centro, visitou ao colectivo de Monterrei.
A delegada da Xunta dixo que a presenza das mulleres neste entorno é "clave" contra o despoboamento

A Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Ouro de Monterrei celebrou onte unha xornada especial no marco do Día Mundial da Muller Rural. A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, achegouse a este municipio do val do Támega para loubar o labor desta agrupación que, coma outras 45 de toda a provincia, fomenta o asociacionismo e a participación do xénero feminino en numerosas iniciativas a prol da igualdade. 

Por outra banda, Díaz Mouteira explicou que a presenza e actividade das mulleres no medio rural demostrou ser "clave" para evitar o despoboamento e para a consecución dun desenvolvemento pleno e sostible deste entorno. Este feito constitúe, segundo a delegada, unha "garantía de viabilidade, identidade, progreso e cohesión para a toda sociedade", xa que, afirmou, "as mulleres rurais son esenciais para asentar a poboación, evitar a masculinización e envellecemento do medio rural, e impulsar a diversificación económica".

Te puede interesar