REUNIÓN

Monteval preparará aos empresarios de Monterrei no desenrolo dos negocios

<p></p>
photo_camera Acto de apertura dos dous cursos de formación organizados polo Grupo Monteval.

La conselleira de Medio Rural presidió el inicio de las acciones formativas

O Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval inaugurou onte en Monterrei dous cursos de formación de dinamización dos técnicos e do emprendemento. O acto de apertura estivo presidido pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, quen destacou que o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) "foi pioneiro en apoiar o emprendemento no rural, coa particularidade de que os proxectos desenvólvense dende abaixo cara arriba". Isto significa que é "a sociedade civil, as asociacións de calquera tipo e condición, os concellos e en definitiva a poboación no seu conxunto a que propón as actuacións a levar a cabo", matizou.

A titular de Medio Rural, que estivo acompañada polo director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, puxo en valor os datos deste GDR. Así, dixo que xestiona no período 2017-2019 un orzamento de 1,7 millóns de euros e que para a anualidade 2018-2019 xa ten aprobados un total de 40 solicitudes de proxectos de desenvolvemento rural, entre produtivos e non produtivos.

Ángeles Vázquez vinculou estas cifras co conxunto de fondos que moven os 24 GDR galegos, a través dos cales inxectáronse no período 2017-2018 preto de 20 millóns de euros en máis de 300 proxectos. Uns fondos que, remarcou, son "esenciais para o asentamento de poboación no rural".

Por último, a conselleira destacou os contidos destes cursos, centrados na importancia de crear oportunidades de negocio e de traballo no agro, así como en fomentar a innovación no rural. E rematou valorando que con este tipo de accións contribúese a "facer do rural un lugar atractivo para vivir".

Te puede interesar