Monterrei

Unha mostra sobre os morcegos galegos chega ao Museo de Verín

Monterrei

Unha mostra sobre os morcegos galegos chega ao Museo de Verín

Sobre o papel dos morcegos, dende o museo verinés destacan o seu papel como reguladores da poboación de insectos

Coñecer a bioloxía dos morcegos será posible, dende esta fin de semana, no Museo Claustro Mercedario de Verín. A mostra "Morcegos de Galicia", que forma parte da colección itinerante do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia, pretende afondar neste aspecto, amosar os morcegos que se poden atopar no territorio galego, así como a súa espectacular capacidade para voar mediante ultrasóns. 

Sobre o papel dos morcegos, dende o museo verinés destacan o seu papel como reguladores da poboación de insectos. Ademais, apuntan que na comunidade galega existen 24 especies de morcegos, de 10 xéneros e 3 familias diferentes. O coñecemento da bioloxía das diferentes especies é, tal e como subliñan, "indispensable" para unha xestión "responsable" do seu entorno que favoreza a conservación das súas poboacións. 

A exposición diríxese, principalmente, a o público escolar. O obxectivo é descubrirlle a importancia deste elemento esencial para a natureza, e a gran riqueza e relevancia que teñen estas especies para o ecosistema galego.

Más en Monterrei