Monterrei

Mulleres con dicapacidade “empodéranse" en Verín

As mulleres participantes no programa asisten a unha das actividades.
photo_camera As mulleres participantes no programa asisten a unha das actividades.
O obxectivo é conseguir a integración sociolaboral das mulleres con discapacidade da comarca

O Concello de Verín, en colaboración coa Obra social La Caixa, e a Confederación Estatal de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica están a promover en Verín un programa de Empoderamento e Activación para o Emprego no que participan un total de 16 mulleres con algún tipo de discapacidade da comarca. O obxectivo é fomentar o empoderamento e conseguir a integración sociolaboral das mulleres con discapacidade. 

Durante os vindeiros meses levaranse a cabo na sede de Servizos Sociais -ubicada na Casa da  Xuventude do Concello de Verín- diferentes accións grupais e individuais, entre elas, talleres de empoderamento, habilidades prelaborais ou alfabetización tecnolóxica, e deseñarase para cada unha das participantes un itinerario personalizado de inserción. 

Por outra banda, celebraranse diversas accións de formación e sensibilización en colexios da zona co obxectivo de achegar a problemática da muller e a discapacidade ao alumnado da zona de Verín. Cogami colaborará con varias destas iniciativas.n

Te puede interesar