Mulleres produtoras achegan o audiovisual aos mozos de Verín

barbon charla agapi
photo_camera Conferencia en el salón de actos del centro educativo.
O IES García Barbón acolleu o roteiro "Elas, produtoras executivas", unha iniciativa para o empoderamento

O IES García Barbón de Verín foi un dos centros escollidos para o desenvolvemento da iniciativa “Elas, produtoras executivas”, que fará parada en diferentes centros educativos da provincia para poñer en valor o papel das mulleres produtoras executivas no audiovisual. 

Neste sentido, os alumnos de 4º de Educación Secundaria desfrutaron onte da proxección do documental “Elas, produtoras executivas”, unha peza na que se pon en valor o traballo de produtoras executivas contando en primeira persoa, cun alto valor simbólico ao poder ser un referente para espertar vocacións entre a mocidade. Tras isto, dúas integrantes da produtora creativa Illa Bufada falaron cos alumnos sobre as súas experiencias. O debate estivo moderado pola xornalista Mónica V. Lopo. 

Este roteiro, organizado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) e a Deputación de Ourense, busca achegar aos mozos ao mundo audiovisual. “Está dirixido a alumnos de 4º da ESO por ser o curso anterior a Bacharelato, etapa crucial na selección dos estudos do futuro”, explican dende a organización, co obxectivo de “aumentar o interese no feminismo, incrementar a conciencia crítica e descubrir en que consiste a produción executiva”. Unha cita “moi enriquecedora”, segundo os asistentes, no García Barbón, centro que traballa a prol do audiovisual. 

Te puede interesar