MONTERREI

O Museo do Claustro supera as 24.000 visitas dende a apertura

O Concello de Verín abriu esta mostra co obxectivo de divulgar a identidade propia da contorna e, ata o momento, ten recibido a visitantes procedentes de Alemania, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwan

O Museo Claustro Mercedario de Verín é xa un dos eixos culturais da vila ao medrar notablemente o número de visitantes que se achegou a coñecer as súas instalacións e mostras. Concretamente, o espazo recibiu a 2.293 persoas dende a súa reapertura este ano con motivo das festas patronais do Lázaro. Neste senso, o Museo sumou 24.000 visitas dende que abrira ao público hai dous anos, sendo un grupo de voluntarios senior da Cruz Vermella os últimos en achegarse ata este punto. Alí coñeceron de primeira man os contidos deste centro de interpretación da cultura do Val do Támega. 

O Concello de Verín abriu esta mostra co obxectivo de divulgar a identidade propia da contorna e, ata o momento, ten recibido a visitantes procedentes de Alemania, Portugal, Asturias, Madrid, Granada ou Taiwan. Ademais das cinco exposicións e o medio cento de actividades que se desenvolveron nestes últimos meses, destacaron o ciclo de Cursos de Cata oficiais da UNED, a celebración da segunda edición do Congreso Mundial de Lagares Rupestres ou a instalación sobre o Padrón dos Pobos, que foi inaugurada polo romanista Antonio Rodríguez Colmenero. O espazo foi nomeado para os premios do Instituto Galego do Viño.

Te puede interesar