CULTURA

O museo de Verín supera a cifra dos 16.000 visitantes

museo_result
photo_camera O historiador Antonio Rodríguez Colmenero, cun grupo de rapaces nunha recente visita ao museo dos Mercedarios.

En outubro comezará unha serie de cursos oficiais de cata pola Uned

O museo da identidade comarcal do val de Monterrei, o Museo Claustro Mercedario, bateu este verán, segundo se desprende dos rexistros do seu funcionamento, todas as marcas de visitantes. Dende a inauguración das tres novas exposicións que alberga dende o pasado 15 de marzo, esta fin de semana superáronse os 8.000 visitantes, na súa maioría turistas españois e estranxeiros. As mostras sobre o licor café, os primeiros contactos do val con Tartessos e as variedades da D. O. Monterrei xa se poden visitar dende Google Maps. 

Segundo o rexedor verinés, Gerardo Seoane, "temos que felicitarnos pola gran acollida do museo, que superou todas as nosas máis positivas expectavivas", dixo, "tendo en conta que dende a súa apertura, hai pouco máis dun ano, xa superamos os 16.000 visitantes". 

"A mostra sobre o licor café e o contrabando en Verín recolleu un gran éxito, facendo aflorar numerosas historias que todos os verineses gardabamos dentro daquela época", afirmou Seoane, "e o tunel do viño e os identificadores aromáticos comezaron a facer cultura do viño nunha comarca no que este é tan importante", dixo o rexedor. 

Estas iniciativa terán continuidade, anunciou Seoane, para proseguir facendo do Museo do Claustro un referente xenerador de cultura en Monterrei. Así, en outubro comezará unha serie de dez cursos oficiais de cata, impartidos pola Uned, sobre os viños de Monterrei no contexto enolóxico mundial, e que se extenderán todo o ano. 


Percorrido virtual


Asimesmo, para permitir unha maior difusión dos contidos do Museo do Claustro Mercedario, o Concello de Verín vén de chegar a un acordo con Google Maps para que o interior do centra apareza reflexado na web e nas apps da multinacional americana, podendo percorrerse virtualmente todo o interior das pezas do patrimonio cultural da exposición.

Te puede interesar