Primeira edición do concurso "Entroido Musical" do Conservatorio de Verín

Las inmediaciones del Auditorio, sede del conservatorio (ÓSCAR PINAL).
photo_camera As inmediacións do Auditorio de Verín, sede conservatorio. (FOTO: Óscar Pinal).
O 11 de febreiro, o Conservatorio de Música de Verín organiza a primeira edición do concurso "Entroido Musical", no que os participantes deberán interpretar unha peza disfrazados

O Conservatorio Profesional de Música de Verín organiza a primeira edición do concurso "Entroido Musical", unha iniciativa que xorde coa finalidade de "motivar, incentivar e estimular nos mozos intérpretes o estudo do seu instrumento, e ó mesmo tempo, incrementar a participación nunha tradición popular tan importante como é o Entroido", aseguran dende o centro. 

A cita será o día 11 de febreiro -xoves de Comadres-, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Verín, e os participantes do concurso -estudantes matriculados no CMUS- deberán interpretar unha obra e ir disfrazados. Os disfraces poden estar baseados na temática da súa peza ou ben relacionados coa tradición cultural do Entroido verinense.

A idea xorde para "salvar o Entroido dalgunha maneira dentro do centro", declara Álvaro Blanco, director do Conservatorio, que fai fincapé na boa acollida que tivo entre os integrantes do centro. Ademáis, Blanco recalca que a data límite de inscrición será o 29 de xaneiro.

Dende o CMUS insisten en que a actividade se desenvolverá baixo as normativas sanitarias vixentes, polo que o acto será sen público.

"Entroido Musical" outorgará tres premios: mellor interpretación, mellor musicalidade e mellor disfraz, cunha recompensa dun vale académico de 50 euros cada un.

Te puede interesar