LITERATURA

Noa González presentará na Biblioteca de Verín o seu libro

Será o vindeiro xoves, día 19 de decembro, nun acto no que intervirá previamente David Pintos

A escritora Noa González presentará a súa derradeira obra literaria, Corpus delicti, na Biblioteca Municipal de Verín. Será o vindeiro xoves, día 19 de decembro, nun acto no que intervirá previamente David Pintos. 

Corpus delicti é un conxunto de relatos curtos baseados na temática criminal e que unen literatura e deseño creando unha experiencia "única" para o lector, tal e como subliñaron onte dende o Concello de Verín, dende onde invitaron a todos os veciños a participar na presentación. 

Pola súa banda, a protagonista da xornada, Noa González Sousa, naceu en Pontevedra no ano 1984 e é licenciada en Dereito pola Universidade de Vigo. González traballou como asesora xurídica e creadora de contido. Continúa realizando ditos labores e os compaxina coa súa faceta literaria como administradora do blog Lendo no meu recuncho http://leyendoenmirincon.blogspot.com/.

Te puede interesar