MONTERREI

Nova edición do ciclo de curtas de medicina na Casa da Cultura

O obxectivo deste ciclo é facilitar, a través da linguaxe cinematográfica, o necesario debate entre profesionais sanitarios e cidadáns en canto a temas de saúde se refire.

O martes 29 de maio, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá unha sesión de curtametraxes, no marco do IV Ciclo de Cine e Medicina organizado polo Cineclube Padre Feijóo e o Colexio Médico de Ourense, en colaboración con Concello de Verín.

O obxectivo deste ciclo é facilitar, a través da linguaxe cinematográfica, o necesario debate entre profesionais sanitarios e cidadáns en canto a temas de saúde se refire. A investigación biomédica, a discapacidade e as diversas formas de afrontala, ou as enfermidades, serán algunhas das temáticas das curtametraxes.
Ao finalizar as proxeccións terá lugar un debate duns 20-30 minutos no que participarán membros do Colexio Médico e dos cineclubes.n

Te puede interesar