Teatro

A obra de teatro "El Mentiroso" aterra no Auditorio de Verín

El festival de cortometrajes de Verín se celebrará en el Auditorio Municipal (ÓSCAR PINAL).
photo_camera O Auditorio de Verín, onde se celebrará a obra. (Foto: Óscar Pinal).
As entradas xa están dispoñibles por cinco euros

O sábado 27 de marzo, ás 19:00 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a obra de teatro "El Mentiroso", da compañía MDM. As entradas para asistir xa están dispoñibles, por cinco euros, en ataquilla.com.

"El Mentiroso", unha obra de Carlo Goldoni, é unha comedia para todos os públicos dividida en tres actos que relata a historia dun mozo que xamais puido dicir a verdade. Bufóns, burgueses e a xente da aldea conviven nesta obra de teatro, na que participarán actores como Daniel Vignolo, Mauricio Albera e Javier Calleja.

teatro verín cartel el mentiroso

Un dos anacos da peza di así"Un home, sentado a unha mesa, observa un cubilete de dados. Estamos a metade dunha partida ao mentireiro ou, quizais, a partida non comezase aínda. Non o sabemos. O caso é que o home espera o próximo movemento do seu adversario, só que fronte a el non hai ninguén. Ou quizais, si. O xogo é unha escusa para falar de calquera cousa, por exemplo, da familia, de traballo, de política ou de Deus. De mentiras". 

Te puede interesar