Un obradoiro sobre plantas medicinais chega en abril ata Riós

concello de Riós (foto: Martiño Pinal)
photo_camera Concello de Riós (foto: Martiño Pinal)
A cita será os días 18 e 25 de abril

O Centro de Información á Muller (CIM) Conso Frieiras, en colaboración co Concello de Riós, organiza o obradoiro “Herbas das mulleres”, unha iniciativa para o aproveitamento das plantas medicinais do entorno de Riós. 

Celebrarase no edificio multiusos do concello os días 18 e 25 de abril en horario de 18,30 a 20,30 horas. A formación ofrecerá aos participantes coñecementos sobre a medicina tradicional, a identificación de plantas medicinais e o empoderamento da sabedoría das mulleres. Os interesados deberán inscribirse a través do CIM ou do Concello -as prazas son limitadas- e será gratuíto

Te puede interesar