OCIO

A oficina xuvenil do Concello abre o prazo para os campamentos

Os prezos, dependendo do lugar elixido e se está dentro ou fóra da comunidade galega, oscilan entre 100 e 300 euros

A Oficina l de Información Xuvenil de Verín vén de abrir o prazo de tramitación das solicitudes de inscrición dos/as mozos/as, de entre nove e dezasete anos, interesados/as en participar na campaña de Verán 2017, que promove nos meses de xullo e agosto (durante dez ou quince días) a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os prezos, dependendo do lugar elixido e se está dentro ou fóra da comunidade galega, oscilan entre 100 e 300 euros. Os membros de familia numerosa terán un desconto do 50 por cento e para as persoas usuarias do carné xove o desconto é do 25.n

Te puede interesar