formacion

Oímbra clausurou o seu primeiro curso sobre poda

Os alumnos do curso de poda asisten a unha das clases prácticas.
photo_camera Os alumnos do curso de poda asisten a unha das clases prácticas.

As prácticas, centradas na tarefa de podar e na formación de novas vides, leváronse a cabo en diferentes viñas do entorno.

Oímbra vén de clausurar o seu primeiro curso sobre poda de viñas e enxerto cun grande éxito de participación. A formación foi promovida polo propio Consistorio, así como polo Grupo de Desenvolvemento Rural Monteval -tamén chamado GDR 9- e consistiu nun día de formación teórica e cinco días de práctica, cun mestre especializado na materia e contratado para esta tarefa específica por ambas entidades. 

En total, no curso participaron 30 persoas, homes e mulleres, traballadores do sector vitivinícola. Aínda que moitos destes alumnos eran naturais do concello de Oímbra, tamén se inscribiron outros moitos, procedentes do resto de municipios da Comarca de Monterrei. 

As prácticas, centradas na tarefa de podar e na formación de novas vides, leváronse a cabo en diferentes viñas do entorno. 

A rexedora de Oímbra, Ana Villarino, adiantou que o obxectivo "é repetir esta experiencia" nos vindeiros meses xa que obtivo "moito éxito e unha grande acollida dos participantes".

Te puede interesar