Oímbra fará promoción da Vía da Prata con varias actividades

A primeira iniciativa será unha camiñata polos lagares rupestres que partirá do concello ás 10,00 horas

O concello de Oímbra sumarase aos actos de promoción da Vía da Prata do Camiño de Santiago con numerosas actividades que terán lugar durante este domingo, día 20 de outubro. Neste senso, a primeira iniciativa será unha camiñata pola Ruta dos Lagares Rupestres, que partirá da Casa do Concello ás 10,00 horas da mañá e se prolongará durante algo máis de dúas horas. 

Por outra banda, o centro social de Oímbra -ubicado nas inmediacións do centro de día- acollerá varios obradoiros, un deles destinado a adultos e que levará o nome de Memorias de Prata, e outro para os máis pequenos, que se denominará Xogando coa natureza. O primeiro comezará ás 16,00 horas e o segundo ás 17,00 horas. A maiores desenvolverase outra actividade que se chamará Catar o camiño e que terá lugar no mesmo emprazamento.

Para poder participar en todas estas actividades será necesario inscribirse previamente en horario de 09,30 horas a 13,30 horas, no teléfono 722 876 073.

Te puede interesar