economia

Oímbra pechou o pasado 2018 cun superávit de 48.715 euros

Para o exercicio económico do ano 2019 aprobouse un presuposto que ascende a 1.543.000 euros

O Concello de Oímbra pechou o pasado exercicio económico de 2018 cun superávit de 48.715 euros, segundo manifestou a rexedora local, Ana Villarino. O goberno local deu conta da liquidación orzamentaria correspondente ao ano anterior, logo de aprobar o presuposto co que xestionará o ano en transcurso e que ascende a 1.543.000 euros. 

En cifras, o 2018 abordouse cunha cantidade de 1.250.000 euros e, tal e como informaron dende o Consistorio, conseguiron executar actuacións por un importe de 700.540 euros a través de axudas de outras administracións, principalmente, da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia. 

En Oímbra leváronse a cabo varias intervencións importantes que permitiron, entre outras cuestións, desenvolver o proxecto de Realidade aumentada das bodegas, cun investimento de 22.941 euros; a mellora do abastecemento, saneamento e pavimento da rúa San Cibrao, por un importe de 51.000 euros; o aglomerado en quente para a estrada O Rosal - Oímbra, que tivo un custo de 48.000 euros e as melloras na estación depuradora de augas residuais, nas que se investiron 177.637 euros. 

Segundo se extrae da suma do orzamento municipal, coas axudas vía subvención para investimento, e o contratado directamente por outras administracións, o presuposto total para 2018 acadou os 2.250.120 euros. 

Por último, a rexedora puntualiza que non hai préstamos "nin a corto nin a longo prazo" e que se paga ao día a proveedores.

Te puede interesar