formación

Oímbra pon en marcha un curso de pintura para maiores e nenos

As clases poñeranse en marcha ao longo do mes de outubro e serán impartidas, novamente, por Alfredo Cabeleira

Logo de dous meses "experimentais", o Concello de Oímbra promoverá, durante todo o curso académico, un taller de pintura dirixido a persoas maiores e pequenas -a partir dos 10 anos de idade-. 

As clases poñeranse en marcha ao longo do mes de outubro e serán impartidas, novamente, por Alfredo Cabeleira, pintor e membro da Academia de Belas Artes de Portugal, tal e como subliñou a rexedora local, Ana María Villarino. 

Antes de que dea comezo a formación, celebrarase unha reunión informativa previa no Centro Social do Concello. Neste senso, todas as persoas interesadas deberán dirixirse a estas instalacións municipais o martes, día 14 de outubro, a partir das 19,00 horas da tarde. Tal e como engadiu a alcaldesa, a experiencia previa foi moi satisfactoria xa que participaron nela numerosas persoas. Por este motivo, decidiuse implementar unha formación anual cofinanciada polo Concello.

Te puede interesar